Este tema contén vídeo Este tema contén vídeo

Compartir un calendario

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2012-07-31

Pode invitar calquera da súa axenda de enderezos compartida para que acceda ao seu calendario. Se envía un convite para compartir o seu calendario, elixa canta información desexa compartir.

noteNota:
Esta información aplícase á versión estándar de Outlook Web App. A funcionalidade descrita non se atopa dispoñible na versión Light de Outlook Web App.
Vídeo: Compartir o seu calendario

Neste vídeo móstrase como compartir o seu calendario en Outlook Web App.

noteNota:
Para ver este vídeo, precisa ter instalado Silverlight. Para obter información sobre como instalar Silverlight, consulte Obter Silverlight.
Como podo compartir o meu calendario?

  1. En Outlook Web App, prema Calendario Calendario no panel de navegación.
  2. Prema Compartir na barra de ferramentas Calendario.
  3. Prema Compartir un calendarioCompartir este calendario.
  4. Introduza os nomes da xente coa que desexe compartir o seu calendario na liña Para, do xeito que o faría para inserir os destinatarios dunha mensaxe.
  5. En Compartir, prema un dos botóns seguintes para definir canta información desexa compartir:
    • Información de dispoñibilidade   Comparte só a información de dispoñibilidade.
    • Información de dispoñibilidade incluíndo o asunto e a localización   Comparte a información de dispoñibilidade, ademais do asunto e a localización dos elementos de calendario.
    • Toda a información   Permite ao destinatario ver a súa información de dispoñibilidade, o asunto, a localización e outros detalles do calendario.
  6. Se desexa solicitar automaticamente permiso para ver o cartafol Calendario do destinatario, seleccione o cartafol Quero solicitar permiso para ver o cartafol Calendario do destinatario.
  7. Engada a información que desexe ao corpo da solicitude, como o faría con calquera outra mensaxe.
  8. Prema Enviar para enviar a súa solicitude.

Que máis é preciso saber?

  • As entradas de calendario marcadas como privadas mostrarán só a información de dispoñibilidade, independentemente dos permisos cos que conte.
  • Para ver un calendario que outra persoa compartiu con vostede:
    1. Prema Compartir na barra de ferramentas Calendario e, a seguir, prema Engadir calendario.
    2. Se a persoa cuxo calendario desexa abrir está na súa organización, introduza o seu nome e prema Aceptar.
    3. Se a persoa non está na súa organización, introduza o URL para engadir un calendario desde Internet e, a seguir, prema Aceptar.
  • Non pode usar Outlook Web App para lle dar a outra persoa permiso para modificar o seu calendario, pero pode usar a función Delegar acceso de Outlook para lles outorgar a outras persoas da súa organización permiso para facer modificacións no seu calendario e responder a convocatorias de reunión no seu nome. Consulte Permitir que outra persona xestione o seu correo electrónico e calendario para aprender como se configura a función Delegar acceso con Microsoft Outlook 2010.
    Se desexa información sobre como usar Outlook 2010 para xestionar un calendario que non está na súa caixa de correo, consulte Xestionar o correo electrónico e o calendario doutra persoa.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.