Referencia de opcións

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2010-09-07

Pode personalizar Outlook Web App modificando o aspecto ou o comportamento de funcionalidades como a configuración de idioma e as opcións de mensaxes e calendario. Non todas as opcións da lista están dispoñibles para todas as contas.

Como gardo as modificacións?

Despois de modificar a configuración en Opcións, prema Gardar na barra de ferramentas para aplicar as súas modificacións. É posible que necesite pechar sesión e volvela abrir para ver as súas modificacións.

Conta

 

Apartado Descrición

Información da conta

Utilice Información da conta para xestionar a súa información persoal.

Organizar o correo electrónico

 

Separador Descrición

Separador Regras da caixa de entrada

Pode utilizar as regras da caixa de entrada para ordenar as mensaxes automaticamente a medida que cheguen.

Separador Respostas automáticas

Utilice as respostas automáticas para que a xente saiba cando está ausente e, polo tanto, cando non responderá ao correo electrónico.

Use o separador Informes de entrega para obter información sobre a entrega das mensaxes

Os informes de entrega pódenlle indicar se as mensaxes enviadas foron entregadas, e cando.

Separador Políticas de retención

Consultar e xestionar as políticas de retención da súa caixa de correo.

Grupos

 

Separador Descrición

Grupos públicos I Pertencer a

Grupos (Públicos)

Únase a un grupo público dos que aparecen na súa axenda de enderezos compartida, ou abandóneo, ou ben obteña máis información sobre un grupo ao que pertence.

Grupos públicos que teño

Grupos (Públicos)

Cree un novo grupo público onde compartir con outra xente. Se xa é propietario dun grupo, pode modificalo, definir as opcións de pertenza e aprobación, ou eliminar o grupo.

Configuración

 

Separador Descrición

Separador de correo

Utilice o separador Correo para definir opcións como a firma, as notificacións de mensaxes novas e as opcións do Panel de lectura.

Separador Ortografía

Utilice o separador Ortografía para definir as opcións do corrector ortográfico.

Separador Calendario

Utilice o separador Calendario para definir a súa semana de traballo, as horas laborables, os recordatorios e outras opcións relacionadas co calendario.

Separador Xeral

O separador Xeral permítelle xestionar o aspecto de Outlook Web App e a lista de enderezos que se utiliza en primeiro lugar ao resolver nomes nas mensaxes enviadas.

Separador Rexional

Utilice o separador Rexional para seleccionar un idioma predefinido, un formato de data e hora e un fuso horario.

Separador Contrasinal

Pode utilizar o separador Contrasinal para modificar o seu contrasinal.

Separador S/MIME

Utilice S/MIME para que as mensaxes sexan máis seguras.

Teléfono

 

Separador Descrición

Configuración do correo de voz: Outlook Web App (BPOS)

Utilice o separador Correo de voz para configurar o correo de voz ou modificar a configuración do seu correo en Outlook Web App.

Separador Teléfonos móbiles

Utilice o separador Teléfonos móbiles para ver detalles sobre o teléfono ou os teléfonos móbiles conectados á súa conta.

Separador Mensaxería de texto

Utilice o separador Mensaxería de texto para configurar o seu teléfono móbil e enviar e recibir mensaxes de texto a través de Outlook Web App.

Bloquear ou Permitir

 

Separador Descrición

Configuración do correo electrónico lixo

Utilice o separador Bloquear ou Permitir para xestionar listas de remitentes seguros, destinatarios seguros e remitentes bloqueados.

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.