Separador Regras da caixa de entrada

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2012-07-31

Este tema, que inclúe vídeo, móstralle como utilizar o separador Regras da caixa de entrada para realizar automaticamente accións específicas nas mensaxes a medida que chegan, segundo os criterios seleccionados. Por exemplo, pode crear unha regra para mover automaticamente todo o correo enviado a un grupo do que é membro a un cartafol específico.

Para xestionar as regras, prema Opcións > Crear unha regra da caixa de entrada.

noteNota:
Esta información aplícase á versión estándar de Outlook Web App. A funcionalidade descrita non se atopa dispoñible na versión Light de Outlook Web App.
Vídeo: Creación de regras da caixa de entrada

Este vídeo móstralle como crear regras detalladas.

Vídeo: Creación dunha regra baseada nunha mensaxe

Este vídeo móstralle como crear unha regra rapidamente, premendo a mensaxe co botón dereito.

noteNota:
Para ver este vídeo, precisa ter instalado Silverlight. Para obter información sobre como instalar Silverlight, consulte Obter Silverlight.
Regras da caixa de entrada

 

Configuración Descrición

regrasNova

Utilice esta opción para crear unha nova regra da caixa de entrada.

Detalles

Realce unha regra e, a seguir, prema Detalles para ver e editar a regra.

EliminarEliminar

Realice unha regra e, a seguir, prema Eliminar para eliminar a regra.

anteriorMover cara a arriba

Utilice esta opción para mover a regra seleccionada cara a arriba na lista.

seguinteMover cara a abaixo

Utilice esta opción para mover a regra seleccionada cara a abaixo na lista.

Actualizar

Utilice esta opción para actualizar a lista de regras.

Activar

Utilice a caixa de verificación situada xunto á regra para activar unha regra (caixa seleccionada) ou desactivala (caixa non seleccionada).

Regra

Nome da regra.

Que máis é preciso saber?

  • Ao crear unha nova regra en Outlook Web App, pode recibir un aviso de que antes debe eliminar algunhas das regras creadas en Outlook. Antes de eliminar as devanditas regras, é posible que desexe iniciar sesión na súa conta utilizando Outlook e comprobar as regras para ver se desexa mantelas. Active todas as regras que desexe conservar.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.