Reenvío

 

Última modificación do tema: 2010-08-12

Utilice o reenvío para reenviar automaticamente todo o correo electrónico enviado á súa conta de Outlook Web App desde outra conta.

Como podo configurar o reenvío?

  1. Vaia a Opcións > Conta > Contas conectadas.
  2. En Reenviando, introduza o enderezo de correo electrónico da conta á que desexa reenviar todo o seu correo electrónico.
  3. Se desexa conservar copias das mensaxes que se envían á súa conta, seleccione Gardar unha copia das mensaxes reenviadas en Outlook Web App.
  4. Prema Gardar para gardar as súas modificacións e comezar a reenviar todas as mensaxes entrantes a outra conta.

Que máis é preciso saber?

  • Para deixar de reenviar mensaxes, prema Deter reenvío.
  • Se conserva unha copia das mensaxes reenviadas, debería comprobar a súa conta de Outlook Web App habitualmente para asegurarse de que non excedeu o límite de tamaño da súa caixa de correo. Se supera o límite de tamaño da caixa de correo, é posible que non se reenvíen novas mensaxes.
  • As opcións Contas conectadas e Reenviando non están deseñadas para ser utilizadas ao mesmo tempo. Utilice Contas conectadas se desexa que o correo electrónico enviado a outras contas da súa propiedade se entregue en Outlook Web App. Utilice Reenviando para que o correo electrónico que se entregue á súa conta de Outlook Web App se reenvíe a outras contas.
 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.