Configurar Outlook para Mac 2011 para a súa conta de correo electrónico

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2011-03-19

Pode configurar automaticamente Microsoft Outlook para Mac 2011 para acceder á súa conta utilizando só o seu enderezo e contrasinal de correo electrónico.

Como configuro Outlook para Mac 2011?

  1. Abra Outlook para Mac 2011. No menú Ferramentas, prema Contas. Se esta é a primeira conta que crea en Outlook 2011, en Engadir unha conta, prema Conta de Exchange.

    Se creou previamente unha conta de correo electrónico para un enderezo de correo electrónico diferente, na esquina inferior esquerda da caixa de diálogo Contas, prema + e, a continuación, prema Exchange.

  2. Na páxina Introduza a información da súa conta de Exchange, escriba o seu enderezo de correo electrónico.

  3. En Autenticación, asegúrese de que Nome de usuario e contrasinal estea seleccionado.

  4. En Nome de usuario, escriba o seu enderezo de correo electrónico completo.

  5. Asegúrese de que Configurar automaticamente estea seleccionado e, a continuación, prema Engadir conta.

  6. Despois de premer Engadir conta, Outlook realizará unha busca en liña para atopar a configuración do seu servidor de correo electrónico. Na caixa de diálogo na que se lle pregunta se desexa permitir que o servidor estableza a súa configuración, seleccione a caixa de verificación Utilizar sempre a miña resposta para este servidor e, a continuación, prema Permitir.

    Se Outlook é quen de configurar a súa conta, verá a conta configurada no panel esquerdo da caixa de diálogo Contas. Peche a caixa de diálogo Contas. Se Outlook non é quen de configurar a súa conta, consulte "Que máis preciso saber?", que se amosa máis adiante neste tema.

Que máis é preciso saber?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.