Límites no índice de correo electrónico masivo e de destinatarios diarios

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Live@edu

Última modificación do tema: 2013-03-07

As contas de correo electrónico baseadas na nube teñen un límite da taxa de destinatarios, chamado habitualmente límite de remitentes ou límite de envío. Este límite define o número máximo de destinatarios que poden recibir mensaxes de correo electrónico enviadas desde unha única conta baseada na nube nun período de 24 horas. Os límites da taxa de destinatarios para Exchange Online son:

 

Microsoft Office 365 para profesionais e empresas pequenas

10,000

Microsoft Office 365 para empresas

10,000

Microsoft Live@edu

1,500*

noteNota:
* Cando se actualiza unha organización de Microsoft Live@edu a Office 365 para o ámbito educativo, o límite da taxa de destinatarios aumenta a 10.000 destinatarios ao día.

O límite da taxa de destinatarios aplícase ás mensaxes enviadas a destinatarios dentro e fóra da organización. Unha vez alcanzado este límite, non se poden enviar mensaxes desde a caixa de correo ata que o número de destinatarios aos que se enviaron mensaxes nas últimas 24 horas se sitúe por debaixo do límite. Se se enviaron varias mensaxes a un mesmo destinatario, cóntanse individualmente. Por exemplo, se un usuario envía 10 mensaxes ao mesmo destinatario nun período de 24 horas, estas 10 mensaxes contan coma 10 destinatarios en relación co límite da taxa de destinatarios.

importantImportante:
A mellor maneira de evitar superar o límite da taxa de destinatarios é usar grupos de distribución e grupos de distribución dinámicos cando se envíen mensaxes a moitos destinatarios. Os grupos cóntanse coma un só destinatario en relación co límite da taxa de destinatarios. Por exemplo, se se envía unha mensaxe a 100 destinatarios engadindo cada un destes destinatarios nos campos Para:, CC: ou CCO:, contan coma 100 destinatarios en relación co límite da taxa de destinatarios. Pero se se engaden estes100 destinatarios a un grupo de distribución ou un grupo de distribución dinámico, e se envía a mesma mensaxe ao grupo, cóntase coma un destinatario en relación co límite da taxa de destinatarios. Consulte Estratexias para enviar correo electrónico masivo.
Exemplos de límite da taxa de destinatarios

O límite da taxa de destinatarios baséase nun intervalo de tempo de 24 horas. Isto quere dicir que o límite da taxa de destinatarios se calcula en relación co número de destinatarios aos que se enviou unha mensaxe nun período de 24 horas. A continuación, facilítanse algúns exemplos que ilustran o límite da taxa de destinatarios.

  • Un luns pola mañá, despois de non enviar ningunha mensaxe durante a fin de semana, úsase unha aplicación que empeza a enviar mensaxes a 10.000 destinatarios automaticamente ás 11 a.m. Non se poden enviar máis mensaxes ata as 11 a.m. do día seguinte.

  • Outro luns pola mañá, envíase unha mensaxe a 500 destinatarios ás 9 a.m. A continuación, envíase outra mensaxe a 500 destinatarios cada 30 minutos. A última mensaxe envíase ás 7 p.m. Non se pode enviar outra mensaxe ata as 9 a.m. do día seguinte.

  • Non se enviou ningunha mensaxe durante as últimas 24 horas, e ás 7:30 a.m. envíase unha mensaxe a 500 destinatarios. Durante o día, seguen a enviarse mensaxes a moitos destinatarios. Se ás 5 p.m. se envía unha mensaxe ao destinatario número 10.000, non se poderán enviar máis mensaxes ata as 7:30 a.m. do día seguinte.

Ademais, Exchange Online non admite o envío parcial a algúns destinatarios dunha mensaxe. Se un usuario envía unha mensaxe a moitos destinatarios, e o número de destinatarios para esa mensaxe supera o límite da taxa de destinatarios, bloquéase o envío da mensaxe a todos os destinatarios.

Por que existe este límite?

O límite da taxa de destinatarios axuda a evitar o correo non desexado e evita o abuso por parte dos usuarios da súa organización, intrusos ou calquera que utilice unha conta secuestrada. O abuso de calquera conta pode afectar á dispoñibilidade do servizo da súa organización.

Microsoft fornece protección adicional, como a filtraxe de conexións e de contido, para as mensaxes enviadas a destinatarios baseados na nube. Para obter máis información, consulte Filtraxe de correo non desexado e hixiene das mensaxes.

Que ocorre cando unha caixa de correo supera o límite da taxa de destinatarios?

Outlook Web App impide que o usuario poida enviar a mensaxe, e mostra unha mensaxe de erro na barra de información na que se indica que o usuario alcanzou o límite da taxa de destinatarios. O usuario pode premer Gardar para gardar a mensaxe non enviada no cartafol Esbozos. Cando a caixa de correo estea de novo por debaixo do límite, o usuario pode abrir a mensaxe gardada no cartafol Esbozos e enviala de novo.

En Microsoft Outlook, o usuario pode enviar a mensaxe. Pero a mensaxe é devolta ao usuario cunha mensaxe de erro na que se indica que non é posible entregar a mensaxe e que esta non se enviou. Así e todo, esta mensaxe contén unha opción para enviar de novo a mensaxe. Cando a caixa de correo estea por debaixo do límite, o usuario pode premer Enviar de novo para enviar outra vez a mensaxe.

Estratexias para enviar correo electrónico masivo

Existen moitas razóns lexítimas para enviar grandes cantidades de mensaxes de correo nun breve período de tempo. Por exemplo, é posible que precise enviar unha mensaxe de benvida, facturas, notas ou outras mensaxes dirixidas de forma individual a moitos destinatarios á vez. Así mesmo, é posible que a súa organización utilice aplicacións de correo automáticas que envíen mensaxes de correo electrónico de forma masiva, por exemplo, notificacións da biblioteca para libros que superaron o prazo de devolución, anuncios a clientes ou publicidade.

Examinemos as estratexias que se poden aplicar nos escenarios máis habituais de correo electrónico masivo.

 

Escenario Exemplos Solución

Mensaxes de difusión   Envío da mesma mensaxe a un gran número de usuarios da organización baseada na nube.

  • Anuncios a todo o campus

  • Mensaxes do director xeral ou outros directivos da compañía a todos os empregados

Use grupos de distribución dinámicos   Un grupo de distribución dinámico conta como un destinatario único, polo que lle axudará a non superar o límite de remitentes. Para obter máis información, consulte Enviar mensaxes de difusión a todos os usuarios.

Use grupos de distribución estáticos   Son grupos de distribución normais, tamén chamados grupos públicos, que contan como un destinatario único. Utilice un grupo de distribución se os membros do grupo no van cambiar con frecuencia.

Importante   Nos grupos de distribución grandes e nos grupos de distribución dinámicos, asegúrese de restrinxir os usuarios que poden enviar mensaxes ao grupo ou active a aprobación de mensaxes por un moderador. Desta forma axudará a evitar as respostas masivas a todos os remitentes e o correo non desexado no grupo.

Mensaxes de correo electrónico masivo a caixas de correo baseadas na nube   Utilice a combinación de correspondencia ou aplicacións de correo automáticas para enviar mensaxes personalizadas a destinatarios individuais da organización baseada na nube.

  • Notificacións da biblioteca

  • Información de facturación para os estudantes

  • Mensaxe do director xeral ou outros directivos da compañía

Use un servidor de correo local   Configure o correo automático ou aplicacións de combinación de correspondencia para usar un servidor local. Debe engadir os enderezos IP dos servidores locais ás listas seguras na nube. Para obter máis información, consulte Escenario de listas seguras entrantes.

Mensaxes de correo electrónico masivo a caixas de correo externas   Utilice a combinación de correspondencia ou aplicacións de correo automáticas para enviar mensaxes personalizadas a usuarios externos.

  • Mensaxes de benvida con credenciais de inicio de sesión enviadas aos novos usuarios

  • Mensaxes a ex-alumnos ou pais

  • Mensaxes a clientes actuais ou posibles clientes

  • Publicidade ou ofertas especiais

Use un servidor de correo local   Configure o correo automático ou aplicacións para usar un sistema local.

Use grupos de distribución estáticos ou dinámicos   Cree contactos externos para destinatarios coma pais, clientes ou provedores e logo engada estes contactos externos coma membros dun grupo de distribución estático ou dinámico.

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.