Configurar o correo electrónico nun teléfono Android G1

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2012-02-16

Pode configurar o correo electrónico cunha conta de Exchange nun teléfono móvil Android. Se ten un teléfono diferente, consulte Funcións do teléfono móbil. Se está a ter problemas para conectar o seu dispositivo logo de seguir este pasos, consulte a sección «Que máis é preciso saber?» ao final deste artigo de axuda.

Como configuro Exchange ActiveSync nun teléfono móbil Android?

  1. No menú Aplicacións, seleccione Correo electrónico. Esta aplicación pódese chamar Mail nalgunhas versión de Android.

  2. Introduza o seu enderezo de correo electrónico completo (por exemplo, tony@contoso.com) e o contrasinal; a seguir, prema Seguinte.

  3. Seleccione Conta de Exchange. Esta opción pódese chamar Exchange ActiveSync nalgunhas versións de Android.

  4. Introduza os seguintes datos da conta e seleccione Seguinte.

    • Dominio\nome de usuario   Escriba o seu enderezo de correo electrónico completo nesta caixa. Se Dominio e Nome de usuario son caixas de texto separadas na súa versión de Android, deixe baleira a caixa Dominio e escriba o seu enderezo de correo electrónico completo na caixa Nome de usuario.

      noteNota:
      Nalgunhas versións de Android ten que usar o formato dominio\nome de usuario. Por exemplo, se o seu enderezo de correo electrónico é tony@contoso.com, escriba contoso.com\tony@contoso.com. O seu nome de usuario é o enderezo de correo electrónico completo.
    • Contrasinal   Use o contrasinal que empregue para acceder á súa conta.

    • Servidor de Exchange   Use o enderezo do seu servidor de Exchange. Para atopar este enderezo, consulte a sección "Busca do nome do servidor" máis adiante neste mesmo tema.

  5. Axiña que o seu teléfono comprobe a configuración do servidor, mostrarase a pantalla Opcións da conta. As opcións dispoñibles dependen da versión de Android con que funcione o seu dispositivo. Entre as opcións poden incluírse as seguintes:

    • Frecuencia de comprobación do correo electrónico   O valor predeterminado é automático (push). Ao seleccionar esta opción, as mensaxes de correo electrónico enviaranse ao teléfono no momento en que se reciban. Só recomendamos seleccionar esta opción no caso de contar cunha tarifa de datos sen límites.

    • Cantidade que sincronizar   É a cantidade de correo que quere gardar no seu teléfono móbil. Pode escoller entre varias opcións para delimitar o período, como un día, tres días e unha semana.

    • Notificarme cando chegue correo electrónico   Se selecciona esta opción, o seu teléfono móbil amosará unha notificación cando reciba unha nova mensaxe de correo electrónico.

    • Sincronizar contactos desde esta conta   Se selecciona esta opción, sincronizaranse os contactos entre o teléfono móbil e a súa conta.

  6. Seleccione Seguinte e, a continuación, escriba un nome para esta conta e o nome que desexa que se amose cando envíe un correo electrónico a outras persoas. Seleccione Feito para completar a configuración do correo electrónico e comezar a usar a conta.

    tipSuxestión:
    Pode que teña que agardar entre 10 e 15 minutos logo de configurar a conta antes de poder enviar ou recibir correo electrónico.
Busca do nome do servidor

Para determinar o nome do seu servidor, siga estes pasos:

  1. Inicie sesión na súa conta mediante Outlook Web App.

  2. Na barra de ferramentas de Outlook Web App, prema Axuda > Acerca de.

  3. Na páxina Acerca de, baixo a liña Configuración de POP externa, utilice o valor Nome do servidor para que o axude a determinar o nome do seu servidor:

    • Se o valor de Configuración de POP externa > Nome do servidor inclúe o nome da súa organización, por exemplo, pop.contoso.com, entón o nome do servidor é o mesmo que o nome do seu servidor de Outlook Web App sen /owa. Por exemplo, se o enderezo que utiliza para acceder a Outlook Web App é https://mail.contoso.com/owa, o nome do seu servidor Exchange ActiveSync será mail.contoso.com.

    • Se o valor de Configuración de POP externa > Nome do servidor está no formato podxxxxx.outlook.com, o nome do seu servidor de Exchange ActiveSync é m.outlook.com. Nalgúns casos, os dispositivos móbiles de Android poden experimentar problemas de conexión ao usar m.outlook.com como nome de servidor. Se ten problemas para se conectar, diríxase á liña Nome de servidor na páxina Acerca de. Utilice o valor que se mostra en Nome do servidor para o nome do servidor de Exchange ActiveSync no seu dispositivo.

Que máis é preciso saber?

  • Se a súa conta de correo electrónico é do tipo das que precisan rexistrarse, debe rexistrala a primeira vez que inicie sesión en Outlook Web App. Non logrará conectarse á súa conta de correo electrónico a través dun teléfono móbil se non rexistrou a súa conta con Outlook Web App. Despois de iniciar sesión na súa conta, peche a sesión. A seguir, probe a conectarse co teléfono móbil. Para obter máis información sobre como iniciar sesión con Outlook Web App, consulte Como iniciar sesión na súa conta de correo electrónico por medio dun explorador web. Se ten algún problema para iniciar sesión, consulte Preguntas máis frecuentes: Problemas de inicio de sesión e dos contrasinais ou póñase en contacto coa persoa que xestiona a súa conta de correo electrónico.

  • Cando utiliza o Nome do servidor como nome do servidor de Exchange na configuración da conta de correo electrónico, debe ter en conta que este axuste de configuración pode cambiar co tempo. Por exemplo, o nome do servidor da caixa de correo cambia se a caixa de correo se move a un servidor distinto ou no caso de se mover temporalmente durante unha actualización de servidor.

  • Se é vostede un profesional de TI ou administrador de correo electrónico, lea a entrada do blog Conectividade de clientes de Exchange ActiveSync en Office 365 para obter información detallada sobre os problemas de conectividade que pode experimentar.

    noteNota:
    O contido de cada blog e o seu URL están suxeitos a modificacións sen previo aviso. O contido de cada blog fornécese "TAL CAL", sen garantías e non fornece ningún dereito. A utilización de mostras de script incluídas ou de código está suxeita ás condicións especificadas nas Condicións de uso de Microsoft.
 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.