Despregar unha solución de inicio de sesión único para Live@edu

 

Aplícase a: Live@edu

Última modificación do tema: 2014-01-03

As solucións de inicio de sesión único permiten aos usuarios desprazarse entre os recursos locais e a nube sen necesidade de iniciar sesión varias veces. Pode engadir unha solución de inicio de sesión único a un portal web existente, empregando o kit de desenvolvemento de software de inicio de sesión único (SSO SDK) fornecido polo programa Microsoft Live@edu. Isto permítelle asignar credenciais locais a distintos Windows Live ID, para poder personalizar o seu portal web e activar a autenticación previa dos usuarios e engadir un punto de entrada de correo electrónico. Os usuarios poderán acceder despois á súa caixa de correo baseada na nube dende o seu portal web sen ter que fornecer un conxunto diferente de credenciais.

noteNota:
O SSO SDK inclúe unha guía completa para efectuar o despregamento.
Requisitos

O SSO SDK require que se cumpran as seguintes condicións:

  1. Todos os usuarios que accedan á solución SSO deben ter credenciais no seu servizo de directorio interno e un Windows Live ID que se empregue para acceder ao servizo.

  2. Un portal web onde se autentiquen os usuarios.

  3. O seu dominio debe ter activada unha funcionalidade SLT (short-lived token).

    noteNota:
    Configurarémoslle esta funcionalidade logo de recibir a súa solicitude de SSO no portal de xestión do servizo Live@edu.

O servidor onde despregue a solución SSO precisa cumprir os seguintes requisitos.

 

Requisito previo Descrición

Sistema operativo

Windows Server 2003 ou Windows Server 2008

Software

Microsoft .NET Framework ou posterior

Certificado de seguranza

O certificado de seguranza utilízase para autenticar os servidores de Windows Live.

Nota Fornecerémoslle o certificado despois de que realice a solicitude SSO no portal de xestión do servizo Live@edu.

Pasos seguintes

No portal de xestión de servizos Live@edu, seleccione Inicio de sesión único. A continuación, prema Solicitar asistencia técnica de SSO para solicitar o SSO SDK e o certificado.

Unha vez procesada a súa solicitude, enviarémoslle unha mensaxe de correo electrónico que incluirá instrucións acerca de como descargar o SSO SDK e o certificado. Este correo electrónico enviarase á conta de administrador do seu dominio e aos contactos adicionais do seu rexistro de contas. Pode actualizar o seu rexistro de contas iniciando sesión no portal de xestión de servizos Live@edu e premendo Perfil da institución. Os servizos de Windows Live ID activarán a funcionalidade SLT para o seu dominio.

Para obter máis información sobre a autenticación de usuarios, consulte Escenarios de autenticación de Live@edu.

Xestión do seu certificado de seguridade

Logo de configurar o SSO, ten que manter actualizado o seu certificado. Se o certificado caduca, os usuarios non poderán iniciar sesión. Un mes antes da data de vencemento, recibirá unha notificación por correo electrónico, con instrucións para actualizalo. Estas notificacións enviaranse aos enderezos enumerados para o seu dominio na páxina de perfil da institución do portal de xestión de servizos Live@edu.

Para comprobar cal é a data de vencemento do certificado, escriba o enderezo web da súa páxina de inicio de sesión no explorador, prema na icona do cadeado amarelo, prema en Ver certificados e logo mire no campo Válido desde.

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.