Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu
Última modificación do tema: 2012-12-05
Neste tema, que inclúe un vídeo, amósase como conversar usando Outlook Web App. Pode usar a lista de contactos de Outlook Web App para conversar con amigos e compañeiros, igual que usaría MSN Messenger, Office Communicator ou calquera servizo de mensaxería instantánea.
![]() |
---|
É posible que esta funcionalidade non estea dispoñible para a súa conta. |
![]() |
---|
Esta información aplícase á versión estándar de Outlook Web App. A funcionalidade descrita non se atopa dispoñible na Outlook Web App Light. |
Engadir unha persoa á súa lista de contactos de conversa
Neste vídeo amósase como usar a lista de contactos para xestionar contactos e conversar cos seus amigos e compañeiros.
.gif?sl=1)
![]() |
---|
Para ver este vídeo, precisa ter instalado Silverlight. Para obter información sobre como instalar Silverlight, consulte Obter Silverlight. |
Que máis é preciso saber?
-
O punto de cor situado a carón do nome na parte superior da ventá de Outlook Web App indica a dispoñibilidade. Prema a frecha de dirección cara a abaixo situada xunto ao punto para cambiar o seu estado de dispoñibilidade ou para pechar a sesión de mensaxería instantánea.
-
A primeira vez que use a lista de contactos, pediráselle que insira o contrasinal da súa conta e que prema Iniciar sesión. Seleccione Lembrar contrasinal se non desexa inserir o seu contrasinal para a conversa cada vez que a use.
-
A lista de contactos que use para conversar non é a mesma que a do cartafol Contactos, que se usa para almacenar información sobre persoas e grupos.
-
Se inicia sesión na súa caixa de correo a través dun enderezo web como http://mail.office365.com ou http://outlook.com, usará o servizo baseado na nube e pode conversar con calquera que use a conversa en Hotmail, MSN, Windows Live, AOL ou Yahoo!. Para obter información acerca de como determinar se está usando o servizo baseado na nube, consulte Como iniciar sesión na súa conta de correo electrónico por medio dun explorador web.
-
Se está a usar o servizo baseado na nube, pode xestionar tamén os seus contactos de conversa usando Windows Live Messenger.
-
Se non emprega unha caixa de correo baseada na nube, pode verse limitado a empregar a conversa só cos usuarios da súa organización. Se é así, pode usar Office Lync 2010, ademais de Outlook Web App, para xestionar os seus contactos.