Informes para Microsoft Live@edu

 

Aplícase a: Live@edu

Última modificación do tema: 2010-05-27

Pode usar a páxina Informes do Centro de xestiión de Windows Live para xerar informes sobre os dominios da escola. Estes informes proporcionan datos de nivel de dominio para os dominios que son propiedade da escola. Os resultados dos informes pódenlle axudar a identificar o seguinte:

  • O número de caixas de correo dun dominio.

  • Cantos usuarios iniciaron sesión na súa conta cando menos unha vez nun período de informes de 30 días.

  • Tendencias en canto ao número de caixas de correo activas en cada un dos seus dominios. Considérase que unha caixa de correo está activa se o usuario inicia sesión nela cando menos unha nun período de informes de 30 días.

  • Tendencias en canto ao número de caixas de correo para a súa escolla e cantas destas caixas de correo están activas.

Que tipo de informes están dispoñibles?

Pode xerar tres tipos de informes para os seus dominios de Microsoft Live@edu:

  • Resumo do dominio   Devolve datos sobre a actividade xeral dos dominios, como o número total de caixas de correo e o número de caixas de correo activas.

  • Tendencia de uso de servizos   Devolve un reconto mes a mes das caixas de correo activas.

  • Tendencia de contas de dominios   Compara o número de caixas de correo activas co número total de caixas de correo.

Pode ver informes gráficos no Centro de xestión de Windows Live ou pode exportar os resultados en Microsoft Office Excel.

Con que frecuencia se actualizan os datos?

No Centro de xestión de Windows Live, hai dispoñibles novos datos para os dominios de Microsoft Live@edu a finais de cada mes. Se inscribe un novo dominio a principios de mes, os datos sobre ese dominio non estarán dispoñibles ata finais de mes. Se executa un informe antes dese momento, o informe non devolverá ningún resultado.

Xerar informes

Para xerar informes:

  1. Vaia a https://domains.live.com/.

  2. Inicie sesión no Centro de xestión de Windows Live e prema en Informes.

  3. No separador Informes comerciais, seleccione un dos informes seguintes:

    • Resumo de dominios

    • Tendencia de uso de servizos

    • Tendencia de contas de dominios

      Nota   Actualmente, o informe Tendencia de almacenaxe de correo electrónico só admite Hotmail. No futuro será compatible con Outlook Live.

  4. Seleccione o seguinte:

    • Mes de inicio

    • Mes de finalización

    • Dominio

  5. Prema Executar informe.

    Nota   Se o informe está dispoñible para exportalo a Excel, podo premer Exportar en lugar de Executar informe. O botón Exportar non aparece se o informe non se pode exportar.

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.