Reparar a conexión á súa conta de Outlook

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2010-06-15

Se ten problemas para conectarse ao correo electrónico con Outlook, siga as seguintes instrucións para que Outlook poida diagnosticar e reparar os erros do seu ficheiro de perfil de Outlook. A reparación do perfil podería resolver o problema de conexión.

Como se repara o perfil de Outlook 2007?

  1. En Outlook 2007, no menú Ferramentas, prema Configuración de conta.

  2. Na caixa de diálogo Configuración de conta, no separador Correo electrónico, seleccione a súa conta e despois prema Reparar. Siga as indicacións do asistente de reparación.

  3. Cando remate a reparación, reinicie Outlook 2007.

Como se repara o perfil de Outlook 2010?

  1. En Outlook 2010, no separador Ficheiro, prema na frecha situada ao carón de Configuración de conta e despois prema Configuración de conta.

  2. Na caixa de diálogo Configuración de conta, no separador Correo electrónico, seleccione a súa conta e despois prema Reparar. Siga as indicacións do asistente de reparación.

  3. Cando remate a reparación, reinicie Outlook 2010.

Que máis é preciso saber?

Se estes pasos non volven establecer a conexión coa conta, póñase en contacto co servizo de asistencia técnica.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.