Instalar e configurar Windows PowerShell

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Live@edu

Última modificación do tema: 2010-05-18

Para poder utilizar Windows PowerShell, primeiro debe asegurarse de que ten instaladas e configuradas no seu computador as versións correctas de Windows PowerShell e Xestión remota de Windows (WinRM). É preciso usar Windows Management Framework, que contén as versións correctas de Windows PowerShell v2 e WinRM 2.0.

Se o seu computador executa Windows 7 ou Windows Server 2008 R2, non ten que instalar nada; Windows Management Framework xa está instalado.

Pode descargar e instalar Windows Management Framework se o computador executa algún dos seguintes sistemas operativos:

  • Windows Vista Service Pack 1 (SP1) ou SP2

  • Windows Server 2008 SP1 ou SP2

  • Windows Server 2003 SP2

  • Windows XP SP3

A continuación indícanse os pasos a seguir:

  1. Desinstalar as versións anteriores de Windows PowerShell no computador

  2. Desinstalar as versións anteriores de WinRM no computador

  3. Instalar Windows Management Framework

  4. Verificar que Windows PowerShell pode executar scripts

  5. Verificar que WinRM permite que Windows PowerShell se conecte

1. Desinstalar as versións anteriores de Windows PowerShell no computador

Para poder instalar Windows Management Framework, debe desinstalar as versións existentes de Windows PowerShell.

Nota   Este paso non é preciso para Windows 7 nin Windows Server 2008 R2.

Desinstalar Windows PowerShell desde Windows Vista

  1. No panel de control, en Programas, abra Programas e características e desinstale todas as instancias de Windows PowerShell que aparezan na lista de programas instalados. Por exemplo, a versión de Community Technology Preview (CTP) de Windows PowerShell v2 pode aparecer como Windows PowerShell (TM) V2.

  2. En Tarefas, seleccione Ver actualizacións instaladas e desinstale calquera instancia de Windows PowerShell que apareza na lista de actualizacións instaladas. Por exemplo, Windows PowerShell V1 pode aparecer como unha actualización de Windows cun dos seguintes números de artigo de Microsoft Knowledge Base:

    • KB928439

    • KB923569

Desinstalar Windows PowerShell de Windows Server 2008

  1. Inicie Xestor do servidor e vaia a Características.

    1. Prema Desinstalar características.

    2. Seleccione Windows PowerShell e siga as instrucións de desinstalación.

  2. No panel de control, en Programas, abra Programas e características e desinstale todas as instancias de Windows PowerShell que aparezan na lista de programas instalados.

  3. En Tarefas, seleccione Ver actualizacións instaladas. Desinstale calquera instancia de Windows PowerShell que apareza na lista de actualizacións instaladas.

Inicio da páxina

Desinstalar Windows PowerShell de Windows Server 2003 e Windows XP

  1. No panel de control, abra Engadir ou eliminar programas, e desinstale todas as instancias de Windows PowerShell que aparezan na lista de programas instalados.

  2. En Engadir ou eliminar programas, seleccione Amosar actualizacións. Desinstale calquera instancia de Windows PowerShell que apareza na lista de actualizacións instaladas. Por exemplo, Windows PowerShell V1 pode aparecer como unha actualización de Windows co número de artigo KB926139 de Knowledge Base.

Inicio da páxina

2. Desinstalar as versións anteriores de WinRM no computador

Para poder instalar Windows Management Framework, debe desinstalar as versións existentes de WinRM.

Nota   Este paso non é preciso para Windows 7 nin Windows Server 2008 R2.

Desinstalar WinRM de Windows Vista ou Windows Server 2008

  1. No panel de control, en Programas, abra Programas e características e desinstale todas as instancias de Xestión remota de Windows que aparezan na lista de programas instalados.

  2. En Tarefas, seleccione Ver actualizacións instaladas. Desinstale calquera instancia de Xestión remota de Windows que apareza na lista de actualizacións instaladas. Por exemplo, Community Technology Preview (CTP) de WinRM 2.0 pode aparecer como WindowsRemoteManagement cun dos seguintes números de artigo de Knowledge Base:

    • KB936059

    • KB950099

Desinstalar Windows PowerShell de Windows Server 2003 e Windows XP

  1. No panel de control, Engadir ou eliminar programas, abra Programas e características e desinstale todas as instancias de Xestión remota de Windows que aparezan na lista de programas instalados.

  2. En Engadir ou eliminar programas, seleccione Amosar actualizacións. Desinstale calquera instancia de Xestión remota de Windows que apareza na lista de actualizacións instaladas. Por exemplo, WinRM pode aparecer como unha actualización de Windows co número de artigo KB936059 de Knowledge Base.

Inicio da páxina

3. Instalar Windows Management Framework

  • Descargue e instale Windows Management Framework. Elixa o paquete que inclúe Windows PowerShell v2 e WinRM 2.0, e que sexa aplicable ao seu sistema operativo, arquitectura de sistema e idioma.

    Despois de instalar WinRM e Windows PowerShell, configure o software para que funcione correctamente, segundo se describe nos pasos seguintes.

    Nota   Se o equipo local está protexido mediante Microsoft Internet Security and Acceleration (ISA) Server, quizais teña que instalar o Cliente de Firewall de Windows ou configurar un servidor proxy no computador local para conectar Windows PowerShell a Outlook Live. Para obter máis información, consulte Windows PowerShell: preguntas máis frecuentes para administradores.

Inicio da páxina

4. Verificar que Windows PowerShell pode executar scripts

  1. Prema Inicio > Todos os programas > Accesorios > Windows PowerShell.

  2. Escolla unha das seguintes opcións para abrir Windows PowerShell:

    • Se está a executar Windows Vista, Windows 7, ou Windows Server 2008 R2, prema co botón secundario en Windows PowerShell e seleccione Executar como administrador. Se recibe unha mensaxe de control de contas de usuario que pregunta se desexa continuar, responda Continuar.

    • Se está a executar Windows XP ou Windows Server 2003, prema Windows PowerShell.

  3. Execute o seguinte comando:

    Get-ExecutionPolicy
    
  4. Se o valor devolto non é RemoteSigned, precisa cambiar o valor por RemoteSigned.

    Nota   Ao establecer a política de execución de scripts en RemoteSigned, só pode executar os scripts que creou no seu computador ou que estean asinados por unha orixe de confianza.

Activar a execución de scripts en Windows PowerShell

Na sesión de Windows PowerShell que teña aberta como administrador, execute o seguinte comando:

Set-ExecutionPolicy RemoteSigned

Inicio da páxina

5. Verificar que WinRM permite que Windows PowerShell se conecte

  1. Prema Inicio > Todos os programas > Accesorios.

  2. Escolla unha das seguintes opcións para abrir un símbolo do sistema:

    • Se está a executar Windows Vista, Windows 7, ou Windows Server 2008 R2, prema co botón secundario en Símbolo do sistema e seleccione Executar como administrador. Se recibe unha mensaxe de control de contas de usuario que pregunta se desexa continuar, responda Continuar.

    • Se está a executar Windows XP ou Windows Server 2003, prema Símbolo do sistema.

  3. Despois do símbolo do sistema, execute os seguintes comandos:

    net start winrm
    winrm get winrm/config/client/auth
    

    Nota   Se o servizo de WinRM xa se está a executar, non ten que inicialo. Pode comprobar o estado do servizo de WinRM executando o comando sc query winrm.

  4. Nos resultados, observe o valor Basic = . Se o valor é Basic = false, debe cambialo por Basic = true.

    Nota   Se iniciou o servizo WinRM e non precisa cambiar o valor Basic, execute o comando net stop winrm para deter o servizo WinRM.

Configurar WinRM para admitir a autenticación básica

  1. No símbolo do sistema que abriu como administrador, execute os seguintes comandos. El valor entre chaves { } distingue entre maiúsculas e minúsculas:

    winrm set winrm/config/client/auth @{Basic="true"}
    
  2. No comando xerado, comprobe o valor Basic = true.

    Nota   Se iniciou o servizo de WinRM, execute o comando net stop winrm para deter o servizo de WinRM.

Inicio da páxina

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.