Conectar Windows PowerShell ao servizo

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Live@edu

Última modificación do tema: 2013-01-24

Despois de ter instalado e configurado Windows PowerShell e Xestión remota de Windows (WinRM) no seu computador, debe conectar Windows PowerShell no seu computador local ao servizo baseado na nube para efectuar tarefas na súa organización baseada na nube.

Ao abrir Windows PowerShell no seu computador, entra na sesión de Windows PowerShell do seu computador local. A sesión é unha instancia de Windows PowerShell que inclúe todos os comandos que ten á súa disposición.

A sesión de Windows PowerShell no seu computador local, chamada sesión de cliente, só ten dispoñibles os comandos básicos de Windows PowerShell. Ao conectarse ao servizo baseado na nube, conéctase ao ambiente do servido do centro de procesamento de datos de Microsoft, chamado sesión de servidor. Esta sesión inclúe os comandos usados no servizo baseado na nube.

Antes de comezar

Antes de conectarse, asegúrese de que dispón da versión correcta de Windows PowerShell e WinRM instalada e configurada no seu computador. Para obter máis información, consulte Instalar e configurar Windows PowerShell.

Comprobe se a conta que usará para conectarse está autorizada para conectarse mediante Windows PowerShell. Para obter máis información, consulte Controlar o acceso dos usuarios á xestión remota de Windows.

Conectar Windows PowerShell no seu computador local ao servizo baseado na nube

  1. Prema Inicio, sinale Todos os programas, prema Accesorios e Windows PowerShell e, a continuación, prema Windows PowerShell.

  2. Execute o seguinte comando:

    $LiveCred = Get-Credential
    
  3. Na ventá de solicitude de credenciais de Windows PowerShell que se abre, escriba os credenciais dunha conta na súa organización baseada na nube. A continuación, prema Aceptar.

  4. Execute o seguinte comando:

    $Session = New-PSSession -ConfigurationName Microsoft.Exchange -ConnectionUri https://ps.outlook.com/powershell/ -Credential $LiveCred -Authentication Basic -AllowRedirection
    
    noteNota:
    O parámetro AllowRedirection permite que as organizacións baseadas na nube nos centros de procesamento de datos de todo o mundo conecten Windows PowerShell ao servizo baseado na nube mediante o uso do mesmo URL.
  5. Execute o seguinte comando:

    Import-PSSession $Session
    

    Os comandos que se empregan no servizo baseado na nube importaranse agora á sesión de cliente do seu computador local, como amosa a barra de progreso. Cando remate este proceso, pode executar estes comandos.

Desconectar Windows PowerShell dun servizo baseado na nube

Cando remate de usar a sesión de servidor, desconecte sempre Windows PowerShell mediante a execución do seguinte comando:

Remove-PSSession <session variable>

Por exemplo, para desconectarse da sesión de servidor que se define pola variable $Session, execute o seguinte comando:

Remove-PSSession $Session

Importante   Se pecha a ventá de Windows PowerShell sen desconectarse da sesión de servidor, a súa sesión permanecerá aberta durante 15 minutos. A súa conta só pode establecer tres conexións coa sesión de servidor á vez.

Precisa axuda para tarefas específicas?

Despois de conectarse á sesión de servidor, está listo para efectuar tarefas no servizo baseado na nube. Para obter instrucións detalladas, consulte Utilización de Windows PowerShell en Exchange Online.

Para obter información sobre a solución de problemas, consulte o seguinte vídeo: Office 365: Solución de problemas en PowerShell para Exchange Online.

Para obter máis información sobre a solución de problemas, consulte Windows PowerShell: preguntas máis frecuentes para administradores.

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.