Separador Contas conectadas

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Live@edu

Última modificación do tema: 2012-07-30

Neste tema, que inclúe un vídeo, amósase como configurar as contas conectadas. Pode levar un seguimento do correo electrónico doutras contas conectándose a elas desde a súa conta de Outlook Web App. Pode conectarse ata a cinco contas, por exemplo Hotmail, Gmail e Yahoo! Mail. Isto permítelle enviar, recibir e ler correo de todas as contas nun só lugar.

noteNota:
É posible que esta funcionalidade non estea dispoñible para a súa conta.
Vídeo: Conexión á súa conta de Gmail

Este vídeo amósalle como se utiliza Outlook Web App para conectarse á súa conta de Gmail.

4873755a-8b1e-497e-bc54-101d1e75d3e7
noteNota:
Para ver este vídeo, precisa ter instalado Silverlight. Para obter información sobre como instalar Silverlight, consulte Obter Silverlight.
Como me conecto para descargar correo electrónico desde outro conta?

 

Configuración Descrición

Contas conectadas

Utilice Contas conectadas para crear unha nova conexión de contas ou para modificar a conexión de contas existente. Para obter máis información, consulte Nova conexión da conta.

Enderezo de resposta predefinido

Despois de configurar unha conta conectada, aparecerá Enderezo de resposta predefinido. Utilice esta opción para escoller o enderezo de resposta predefinido que desexe usar para as mensaxes que envíe desde Outlook Web App. Tamén pode escoller o enderezo de resposta de uso en mensaxes individuais. Para obter máis información, consulte Enderezo de resposta predefinido.

Reenvío

Utilice o reenvío para reenviar automaticamente todo o correo electrónico enviado á súa conta de Outlook Web App desde outra conta. Seleccione a caixa de verificación Gardar unha copia das mensaxes reenviadas en Outlook Web App se espera abrir e organizar a miúdo a súa caixa de correo de Outlook Web App. Se selecciona esta caixa de verificación e non abre a caixa de correo a miúdo, é posible que a caixa de correo se encha e impida que poida recibir novas mensaxes. Para obter máis información, consulte Reenvío.

Que máis é preciso saber?

  • Na maioría dos casos, debe inscribirse no servizo Yahoo! Mail Plus para descargar o correo electrónico dunha conta de Yahoo!

  • Só pode engadir unha conta de correo electrónico de Hotmail ou unha conta habilitada para POP ou para IMAP. Para recibir correo dunha conta distinta destes tipos de contas, configure o reenvío de correo electrónico desde esa conta.

  • Ao engadir por vez primeira unha conta conectada, o correo electrónico descargase inmediatamente. Logo da descarga inicial, o correo electrónico descargase das contas conectadas cada hora mentres non inicie sesión en Outlook Web App. Ao iniciar sesión en Outlook Web App, o correo electrónico descárgase con maior frecuencia. Para descargar correo electrónico das súas contas conectadas en calquera momento, prema no botón Comprobar as mensaxes, situado na parte superior da vista de lista de mensaxes.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.