Engadir unha sinatura

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2011-11-23

Unha sinatura de correo electrónico consta de texto que se pode engadir ao final dunha mensaxe de correo electrónico saínte.

noteNota:
Este tema aplícase á versión estándar de Outlook Web App. Para obter información a respecto desta funcionalidade da Outlook Web App Light, consulte Opcións > Mensaxería.
Como creo unha sinatura?

  1. Na parte superior da páxina Outlook Web App, prema Opcións > Consultar todas as opcións > Configuración > Correo.

  2. Na caixa Sinatura de correo electrónico, escriba e formate a súa sinatura.

    Se utiliza Outlook Web App e Outlook e desexa unha sinatura nos dous, deberá crear unha sinatura en cada un.

  3. Para engadir a súa sinatura a todas as mensaxes saíntes, seleccione a caixa de verificación Incluír automaticamente a miña sinatura nas mensaxes que envío.

  4. Prema en Gardar ou prema en CTRL+S.

Que máis é preciso saber?

  • Se non selecciona a caixa para engadir automaticamente a súa sinatura a todas as mensaxes saíntes, aínda pode engadila ás mensaxes individuais.

    1. Cree a súa sinatura como se describiu anteriormente, pero non seleccione a caixa de verificacion Incluír automaticamente a miña sinatura nas mensaxes que envío.

    2. Cando cree unha mensaxe nova, engada a súa sinatura a esta premendo en Inserir sinatura sinatura na barra de ferramentas.

  • Non pode incluír un ficheiro de imaxe (como un ficheiro .gif ou .tif) na súa sinatura en Outlook Web App.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.