Favoritos

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2009-08-16

Pode usar o cartafol Favoritos do panel de navegación para almacenar accesos directos aos cartafoles que máis utiliza.

Como se engade un cartafol a Favoritos?

Existen dous xeitos de engadir un cartafol a Favoritos:

  • Prema no cartafol que desexa engadir a Favoritos e despois arrástreo a Favoritos.

  • Prema co botón secundario no cartafol que desexa engadir a Favoritos e despois seleccione Engadir a Favoritos.

Como se elimina un cartafol de Favoritos?

  • Prema co botón secundario no cartafol que desexa eliminar de Favoritos e despois prema Eliminar de Favoritos. Se preme Eliminar, preguntaráselle se desexa eliminar o cartafol ou quitalo de Favoritos. Seleccione unha opción e despois prema Aceptar ou prema Cancelar para saír sen quitar nin eliminar o cartafol de Favoritos.

  • Se selecciona Eliminalo, eliminarase o cartafol da caixa de correo.

Como se organizan os cartafoles en Favoritos?

  • Cando arrastre un cartafol a Favoritos, verá unha liña que lle amosa onde se colocará o cartafol. Despois de engadir un cartafol a Favoritos, pode desprazalo para arriba ou abaixo na lista de Favoritos premendo no botón secundario e despois premendo mover cara arribaMover cara a arriba na lista ou mover cara abaixoMover cara abaixo na lista.

  • Non pode aniñar cartafoles en Favoritos. Se crea un acceso directo en Favoritos para un cartafol que inclúe subcartafoles, non verá os subcartafoles en Favoritos.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.