Introdución a Outlook Web App

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2013-01-11

Outlook Web App permítelle utilizar un explorador web para acceder á súa caixa de correo en calquera computador que teña conexión á Internet. Pode usar o explorador para ler e enviar mensaxes de correo electrónico, organizar contactos, crear tarefas e xestionar o seu calendario.

Contido

Exploradores compatibles

Traballar con mensaxes

Utilizar o calendario

Contactos e grupos

Personalización

Accesibilidade

Obtención de axuda

Peche de sesión

Outros xeitos de conectarse á súa caixa de correo

Exploradores compatibles

Pode acceder á súa caixa de correo mediante calquera explorador que admita HTML 3.2 e ECMA. Isto inclúe Internet Explorer, Mozilla Firefox, Apple Safari, Chrome, ademais doutros exploradores web en computadores que executan UNIX, Apple Macintosh, ou Microsoft Windows. Para obter máis información, consulte Exploradores compatibles con Outlook Web App. Outlook Web App Light é unha versión máis simple de Outlook Web App que admite practicamente calquera explorador.

Traballar con mensaxes

Ademais de ler e enviar mensaxes de correo electrónico, pode personalizar as súas mensaxes, por exemplo, engadindo anexos, solicitando confirmacións cando se lea ou entregue unha mensaxe e engadindo unha categoría a unha mensaxe.

Pode utilizar cartafoles para organizar as súas mensaxes xusto como utilizaría un sistema de ficheiros para organizar documentos. Pode xestionar as mensaxes que reciba utilizando regras para clasificalas en diferentes cartafoles.

De xeito predeterminado, Outlook Web App usa a vista Conversa en todos os cartafoles de correo electrónico se o panel de lectura está activado. A vista Conversa amosa cada mensaxe nunha conversa nunha vista única. Para obter máis información, consulte Máis información acerca das conversas.

Para obter máis información sobre como traballar con mensaxes, consulte Correo.

Utilizar o calendario

O calendario é como un calendario de parede, pero con moitas características adicionais. Cando engade un compromiso ao seu calendario, pode personalizalo de moitos xeitos, por exemplo, engadindo anexos, enchendo tantos detalles como desexe, axustando un aviso ou converténdoo nun compromiso de repetición para que se engada automaticamente ao seu calendario nunha base regular.

Ademais de crear compromisos, pode organizar reunións. Unha reunión é simplemente un compromiso, agás que envía un convite a outras persoas. Cada persoa convidada recibe unha mensaxe de correo electrónico cos detalles da reunión. Dependendo do seu servizo de correo electrónico, quizais poidan utilizar a mensaxe que reciban para engadir a reunión ao seu propio calendario.

Para obter máis información sobre como xestionar o seu calendario, consulte Calendario.

Contactos e grupos

O cartafol Contactos da caixa de correo é como un Rolodex ou unha axenda de enderezos, cunha entrada para cada persoa ou grupo sobre o que se desexe gardar información. Pode crear un contacto para gardar información sobre unha persoa ou empresa coa que desexe comunicarse.

Os grupos permítenlle crear unha única entrada que inclúe varios contactos. Cando envía unha mensaxe a un grupo, entrégase a cada un dos contactos nel incluídos.

Para obter máis información sobre os contactos e os grupos, consulte Contactos.

Se ten unha caixa de correo baseada na nube, pode importar contactos desde outras contas de correo electrónico. Para obter máis información, consulte Importar contactos.

Personalización

A súa caixa de correo está lista para utilizarse tan pronto como inicie sesión. Non ten que cambiar ningún axuste nin activar ou desactivar nada para comezar a enviar e recibir mensaxes de correo electrónico. Sen embargo, quizais desexe cambiar algúns axustes para axeitarse ás súas preferencias.

Pode realizar accións de forma automática, como revisar a ortografía da mensaxe de correo electrónico antes de enviala, incluír unha sinatura nas mensaxes que envía e seleccionar a fonte predeterminada para as mensaxes.

Para obter máis información sobre como personalizar Outlook Web App, consulte Referencia de opcións.

Accesibilidade

Existe unha versión Light que está optimizada para usuarios cegos ou con visión reducida. Para obter máis información, consulte Outlook Web App Light.

Obtención de axuda

Para obter axuda na ventá na que está a traballar, prema na icona axuda na barra de ferramentas.

Se sabe quen é o administrador do seu correo electrónico, contacte con el para obter información sobre como usar Outlook Web App a través da intranet ou de Internet.

Peche de sesión

Cando remate de utilizar a súa caixa de correo, asegúrese de premer Pechar sesión na barra de ferramentas e, a continuación, peche todas as ventás do explorador. Ao pechar sesión impide que outra persoa use o computador para acceder á súa caixa de correo. Mesmo se planea continuar a utilizar o computador para visitar outros sitios web, prema en Pechar sesión e peche todas as ventás do explorador despois de cada sesión.

Outros xeitos de conectarse á súa caixa de correo

  • Conéctese ao correo electrónico a través do seu programa de correo electrónico favorito   Ademais de Outlook Web App, pode acceder á súa caixa de correo mediante os seguintes métodos:

    • Office Outlook 2007.

    • Teléfonos móbiles que executan o software Windows Mobile e sexan compatibles con Exchange ActiveSync, incluídos Windows Mobile 5.0 e Windows Mobile 6.0. Para obter máis información, consulte Configurar a súa conta de correo electrónico no seu teléfono móbil.

    • Teléfonos móbiles que utilizan programas de correo electrónico POP3 ou IMAP4, por exemplo o iPhone de Apple.

    • Programas de correo electrónico POP3 ou IMAP4, como Outlook Express, Entourage para MAC OS X, Mozilla Thunderbird e Windows Mail.

    Para obter máis información, consulte Configuración do correo electrónico.

  • Configure o correo de voz   Pode activar o correo de voz engadindo o seu número de teléfono móbil á conta. Se activa o correo de voz, pode recibir na caixa de entrada as mensaxes do correo de voz enviadas ao seu teléfono móbil. Para obter máis información, consulte Correo de voz.

Que máis é preciso saber?

  • Dependendo da configuración do servidor que aloxa a súa caixa de correo, Outlook Web App pode pechar automaticamente a conexión á súa caixa de correo despois dun período de inactividade para axudar a protexer a súa caixa de correo contra un acceso non autorizado.

  • É posible que algunhas características descritas no ficheiro Axuda non estean dispoñibles, dependendo da configuración do servidor que aloxa a caixa de correo.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.