Traballar con cartafoles

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2011-11-23

De xeito predeterminado, as mensaxes que recibe almacénanse na caixa de entrada. Sen embargo, pode organizar as mensaxes nun sistema xerárquico de cartafoles e ir axustándoo segundo cambien as súas necesidades.

Como se crea un novo cartafol de correo?

  1. No Panel de navegación, prema correo electrónicoCorreo para ver a lista completa de cartafoles na caixa de entrada.

  2. Prema co botón secundario no cartafol no que desexa crear un cartafol novo. Por exemplo, para crear un subcartafol na bandexa de entrada, prema co botón secundario en Caixa de entrada. Para crear un cartafol novo ao mesmo nivel que a caixa de entrada, prema co botón secundario no seu nome ao principio da lista de cartafoles.

  3. Prema en Crear novo cartafol.

  4. Escriba un nome para o novo cartafol.

  5. Prema INTRO para gardar os cambios.

Como se crea un novo cartafol de calendario?

  1. No panel de navegación, prema CalendarioCalendario.

  2. Prema Crear novo calendario.

  3. Escriba un nome para o novo calendario.

  4. Prema INTRO para gardar os cambios.

Como se crea un novo cartafol de contactos?

  1. No panel de navegación, prema contactoContactos.

  2. Prema en Crear novo cartafol.

  3. Escriba un nome para o novo cartafol de contactos.

  4. Prema INTRO para gardar os cambios.

Como se crea un novo cartafol de tarefas?

  1. No panel de navegación, prema tarefaTarefas.

  2. Prema en Crear novo cartafol.

  3. Escriba un nome para o novo cartafol de tarefas.

  4. Prema INTRO para gardar os cambios.

Como se elimina un cartafol?

  1. No panel de navegación, prema correo electrónicoCorreo para ver a lista completa de cartafoles na caixa de correo.

  2. Prema co botón secundario no cartafol que desexa eliminar.

  3. Prema Eliminar Eliminar no menú.

Como se renomea un cartafol?

  1. No panel de navegación, prema correo electrónicoCorreo para ver a lista completa de cartafoles na caixa de correo.

  2. Prema co botón secundario no cartafol que desexa renomear e despois prema Renomear.

  3. Escriba o nome do novo cartafol e despois prema INTRO.

Como se move ou copia un cartafol?

Pode mover ou copiar cartafoles de dous xeitos diferentes.

Arrastrándoos

  1. No panel de navegación, prema correo electrónicoCorreo para ver a lista completa de cartafoles na caixa de correo.

  2. Para mover un cartafol, arrástreo ata a localización desexada.

  3. Para copiar un cartafol, manteña premida a tecla CTRL e arrastre a carpeta ata a localización desexada. Mentres arrastra o cartafol, aparecerá un signo máis ao carón do punteiro.

Mediante o uso do menú secundario

  1. No panel de navegación, prema correo electrónicoCorreo para ver a lista completa de cartafoles na caixa de correo.

  2. Prema co botón secundario no cartafol que desexa mover ou copiar, despois prema mover cartafolMover cartafol ou copiar cartafolCopiar cartafol no menú. Abrirase unha nova ventá na que se amosarán os cartafoles que se poden mover ou copiar. Seleccione o cartafol que desexa mover ou copiar, despois prema Mover ou Copiar.

  3. Tamén pode crear un cartafol novo para mover ou copiar o que seleccionou, premendo Crear novo cartafol na ventá Mover ao cartafol ou Copiar no cartafol.

Que máis é preciso saber?

  • Os cartafoles que cree poden estar ao mesmo nivel que os cartafoles predeterminados, como por exemplo, os cartafoles Caixa de entrada ou Elementos enviados. Tamén se poden crear subcartafoles en calquera dos cartafoles de correo electrónico existentes. Por exemplo, pódense crear subcartafoles dentro da Caixa de entrada. Os cartafoles que se crean en Calendario, Contactos ou Tarefas créanse como subcartafoles dos seus cartafoles principais. Os subcartafoles créanse do mesmo tipo có cartafol principal. Por exemplo, se crea un subcartafol no seu cartafol Calendario, o cartafol novo tamén será un cartafol de calendario.

  • É posible que precise actualizar o explorador para poder ver o cartafol que acaba de crear na lista de cartafoles.

  • Se desexa crear un cartafol de información persoal como un subcartafol dun cartafol de correo, pode crealo e, a continuación, movelo á localización que desexe. Algúns cartafoles, como a Caixa de entrada, non se poden mover a outra localización.

  • O nome dalgúns cartafoles, como o da Caixa de entrada, non se pode cambiar. Se o cartafol non se pode renomear, a opción Renomear aparecerá atenuada no menú.

  • Despois de eliminar un cartafol, móvese ao cartafol Elementos eliminados. O cartafol non se quitará permanentemente ata que baleire o cartafol Elementos eliminados ou o elimine manualmente de dito cartafol.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.