Buscar informes de entrega de mensaxes

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Live@edu

Última modificación do tema: 2011-03-19

Pode usar o separador Informes de entrega para obter información de estado da entrega das mensaxes que enviou ou que lle enviaron. Mediante os informes de entrega, pode facer o seguinte:

  • Buscar as mensaxes que enviou a outras persoas.

  • Buscar as mensaxes que lle enviaron outras persoas.

  • Utilice a caixa Buscar estas palabras na liña do asunto para limitar a busca.

noteNota:
UNRESOLVED_TOKEN_VAL(<rte:Alert_NotSupportedinLight>)
Como se obtén a información de entrega sobre as mensaxes?

  1. En Outlook Web App, prema Opcións > Consultar todas as opciónsOrganizar correo electrónico > Informes de entrega.

  2. Elixa unha das seguintes caixas:

    • Buscar mensaxes que enviei    Non encha esta caixa para ver informes sobre todas as mensaxes que enviou. Prema Seleccionar usuarios para seleccionar os destinatarios desde a axenda de enderezos compartida ou escriba cada enderezo de correo electrónico completo do destinatario separado por un punto e coma ou unha coma na caixa Para. Cando remate de engadir destinatarios para cada busca, prema Aceptar.

    • Buscar mensaxes que recibín de   Só pode introducir un enderezo para cada busca. Prema Seleccionar un usuario para seleccionar o enderezo de correo electrónico do remitente da mensaxe na axenda de enderezos compartida ou escriba o enderezo de correo electrónico completo do remitente na caixa Seleccionar. Cando remate de seleccionar, prema Aceptar.

    • Buscar estas palabras na liña do asunto   Utilice esta caixa para limitar os resultados de busca. Escriba entre comiñas a liña do asunto, total ou parcialmente, da mensaxe cuxa información de entrega desexa obter.

    Prema Buscar, ou prema Borrar para iniciar unha nova busca.

Como se ve a información de entrega das mensaxes?

No panel Resultados da busca, prema co botón secundario nunha mensaxe para abrir a súa información de entrega. Ou ben, seleccione a mensaxe e, a continuación, prema Informe de entrega. Para obter máis información sobre o contido deste informe, consulte Que contén o informe de entrega. Se non é quen de ver un informe de entrega ou non ve o separador Informes de entrega nas súas opcións de correo electrónico en Outlook Web App, comprobe se o seu explorador é compatible con Outlook Web App. Para obter máis información, consulte o apartado Exploradores compatibles con Outlook Web App.

Como podo conseguir máis información?

 
Temas de axuda relacionados
Cargando...
Non se atopou ningún recurso.